Polo menos tres !

Comer tres o máis porcións de froita e verdura ao día alimenta a saúde do planeta e tamén o optimismo.

Programa de merendas saudables

Queremos incentivar entre o noso alumnado o consumo de froitas.

É responsabilidade dos adultos que os menores aprendan a comer san.

Así que mans á obra.

miércoles, 6 de junio de 2018

Facendo xeado cos amorodos.

O día dos amorodos sobraron bastantes e decidimos conxelalos para outro día facer un rico xeado. Aquí tedes as imaxes. Clicade na foto para velas.Feliz verán a todos.

lunes, 20 de marzo de 2017

Xa rematou a primeira semana da froita.

O venres, tomamos amorodos...que ricas e que grandes.Gustaron moito e repetimos o que quixemos...
Clicando na imaxe veredes máis fotos.



lunes, 6 de marzo de 2017

Volvemos ao consumo de froita fresca no noso Colexio.



Plan de consumo de froita fresca nas escolas
O noso centro participa neste curso no Plan de consumo de froita fresca nas escolas.
Concedéronnos en total 3 semanas,  unha por mes, en marzo, abril e maio. Empezaremos na vindeira do 13
ao 17 de marzo. A finais desta semana remitirase unha circular informativa ás familias sobre a froita que se
repartirá cada día, igual que se fará nas seguintes semanas.
Continuaremos realizando a actividade igual que fixemos o curso pasado. Antes do recreo repartiranse as
froitas polas aulas.